O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O concello de Teo en colaboración con Fuego y Mar Formación, así como as distintas entidades e organismos que se dedican ás emerxencias, urxencias e a seguridade pública, celebran as primeiras xornadas de portas abertas en materia de seguridade e emerxencias.
Para participar na actividade é imprescindible que unha persoa adulta responsable acompañe á menor durante a xornada para coidar da súa seguridade.
O horario da actividade prolongarase entre as 11.00 e as 18.00 horas. Tendo en conta esta amplitude horaria, a organización ofrecerá bocadillos para as participantes que o desexen, no caso de ter algunha alerxia ou incompatibilidade alimentaria será conveniente que traian o necesario para a alimentación durante a actividade.
O concello pretende que sexa un escaparate para dar a coñecer os servizos dispoñibles, o material que utilizan e, mesmo poder falar cos profesionais que realizan o seu labor día a día no ámbito das emerxencias e a seguridade.
Doutra banda, estas xornadas están pensadas aumentar a formación e a seguridade dos participantes ao evento, tanto sexan nenos/as que participan activamente nos talleres de formación, como persoas adultas que estean interesados en ver de preto o labor das profesionais a través de charlas e simulacros.
Actividades:
Os corpos e organismos asistentes impartirán charlas, simulacros e talleres.
Talleres para as crianzas da familia na área destinada para eles, sempre a cargo de profesionais. Este persoal será voluntario e dispoñen de recursos socioculturais e de animación.
Talleres de supervivencia marítima, loita contra incendios domésticos, así como a súa prevención, formación básica en primeiros auxilios, manobras.
A inscrición abrirase o luns 22 de agosto.