O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A APROBACIÓN DOS PLANS DE OBRAS DA DEPUTACIÓN CENTRA A ORDE DO DÍA DO PLENO DE DECEMBRO

| compartir:

A corporación teense reúnese este martes 15 de decembro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O tema que centrará gran parte da orde do día deste pleno será a aprobación dos plans de obras financiados pola Deputación da Coruña, POS 2016 e PAS 2015. O Concello de Teo diversificou as accións previstas co financiamento destes plans, que se achega ao millón de euros. Entre as obras previstas destaca o acondicionamento dun espazo de lecer nos Tilos, onde se prevé facer unha cuberta na praza circular deixando un espazo de esparcemento para maiores e pequenos ademais de ser o espazo no que se realiza o mercado labrego. A seguridade viaria coa mellora de vías, arranxo de núcleos e sendas peonís son outras das accións que se reparten nos dous plans. Tamén está previsto facer arranxos no local social de Francos (Calo), nos pavillóns dos Tilos e A Ramallosa ademais de arranxar a accesibilidade ao edificio da policía local e facer melloras na nave municipal que usan as brigadas municipais e o servizo de protección civil.

 A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  1. Aprobación da acta da sesión do 29/10/15.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 906/15 á 992/15).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación ao persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de adhesión ao convenio entre a axencia estatal de administración tributaria e a federación española de municipios e provincias en materia de subministro de información de carácter tributario ás entidades locais.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo.
  7. Ditame de proposta da alcaldía de aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS 2016).
  8. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do modificado técnico do proxecto “Afirmado e acondicionamento das estradas do Xirimbao e Loureiro” (POS complementario 2015).
  9. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do plan de acción social (PAS 2015).
  10. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do plan complementario de aforro e investimento (PAI complementario 2015).
  11. Ditame da proposta da alcaldía de recoñecemento da compatibilidade a D. José Luís Míguez Iglesias.
  12. Mocións.
  13. Rogos e preguntas.
teo