O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este martes 15 de decembro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.
O tema que centrará gran parte da orde do día deste pleno será a aprobación dos plans de obras financiados pola Deputación da Coruña, POS 2016 e PAS 2015. O Concello de Teo diversificou as accións previstas co financiamento destes plans, que se achega ao millón de euros. Entre as obras previstas destaca o acondicionamento dun espazo de lecer nos Tilos, onde se prevé facer unha cuberta na praza circular deixando un espazo de esparcemento para maiores e pequenos ademais de ser o espazo no que se realiza o mercado labrego. A seguridade viaria coa mellora de vías, arranxo de núcleos e sendas peonís son outras das accións que se reparten nos dous plans. Tamén está previsto facer arranxos no local social de Francos (Calo), nos pavillóns dos Tilos e A Ramallosa ademais de arranxar a accesibilidade ao edificio da policía local e facer melloras na nave municipal que usan as brigadas municipais e o servizo de protección civil.
A orde do día ten os seguintes puntos: