O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Inscrición pechada
Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.
Traballo premiado na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.
Martes 3 de xaneiro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste.
A inscrición abrirase o vindeiro venres 23 de decembro.