O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PACO NOGUEIRAS - RADIO BULEBULE

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.

Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

Traballo premiado na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.

Martes 3 de xaneiro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste.

A inscrición abrirase o vindeiro venres 23 de decembro.

Observacións
Se non podes asistir agradecemos que o comuniques no enderezo entradascultura@teo.gal.
PACO NOGUEIRAS

Outros eventos por vir