O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO. PERSOAL LABORAL FIXO.
Aprobada a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas.
Nomeadas ás seguintes persoas como membros do tribunal cualificador ao abeiro do previsto na cláusula sétima das Bases xerais que regulan a convocatoria.
Convócase ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día venres 20 de decembro de 2024, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal.
Publicado en teo.gal o luns, 16 de decembro.
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de oficial electromecánico, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.
Publicado en teo.gal o 24 de xaneiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OFICIAL/A ELECTROMECÁNICO/A.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.
O BOE número 307 do 23 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, por concurso-oposición, a citada praza.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado». A publicación fíxose o 23 de decembro polo que o prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 26 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso selectivo.
Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión da praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. OFICIAL ELECTROMECÁNICO.
ANUNCIO NO BOP DO 5 DE DECEMBRO DE 2022.
O BOP número 230 do 5 de decembro de 2022 publica o anuncio das Bases xerais e específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1557/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais e específicas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro mediante o sistema de concurso – oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Consulta aquí as bases xerais e específicas da convocatoria.
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
anuncio BOE 23 12 22_0.pdf | 186.22 KB |
anuncion dog estabilizacion_1.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion art 2_0.pdf | 183.12 KB |
Instancia_estabilización_concurso_oposición_0.pdf | 63.3 KB |
Listas provisionais_oficial_electromecánico_a.pdf | 50.85 KB |
Resolución lista definitivas_ELECTROMECANICO.pdf | 58.31 KB |