O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Oficial electromecánico. Estabilización

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

ACTA DA 4ª SESIÓN D DO TRIBUNAL PARA A SELECIÓN DUNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO/A DE OFICIAL ELECTROMECÁNICO, PERSOAL LABORAL FIXO, POLO PROCEDEMENTO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL.

Publicado en teo.gal o mércores 24 de xaneiro de 2025. 

ACTA DA 3ª SESIÓN D DO TRIBUNAL PARA A SELECIÓN DUNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO/A DE OFICIAL ELECTROMECÁNICO, PERSOAL LABORAL FIXO, POLO PROCEDEMENTO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL.

Publicado en teo.gal o mércores 22 de xaneiro de 2025. 

ACTA DA 2ª SESIÓN D DO TRIBUNAL PARA A SELECIÓN DUNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO/A DE OFICIAL ELECTROMECÁNICO, PERSOAL LABORAL FIXO, POLO PROCEDEMENTO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL.

Publicada a puntuación obtida pola persoa aspirante así coma as respostas correctas do cuestionario tipo test na xunta de goberno local (lugar onde se realizou o exercicio), na páxina web do Concello (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndolles un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións.

Convocar á persoa aspirante, para a celebración do segundo exercicio da citada fase (proba práctica, non escrita, relacionada coas actividades e funcións habituais do posto a desempeñar, e con arranxo ao programa e materias incluídos na parte específica do temario correspondente ao anexo II das Bases que rexen a convocatoria), o día 16 de xaneiro de 2025 ás 11:30 horas na nave do servizo municipal de augas. O tribunal reunirase ás 10:00 horas do mesmo día para determinar o citado exercicio.

Publicado en teo.gal o xoves 26 de decemebro de 2024. 

 

ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO.  PERSOAL LABORAL FIXO.

Unha vez constituído o Tribunal coas persoas arriba indicadas, acórdase fixar a data do primeiro exercicio da fase de oposición para o xoves 26 de decembro ás 12:00 na Sala de Xuntas do Concello de Teo, e así mesmo, acorda reunirse o mesmo día 26 de decembro ás 10:00h para a preparación do exercicio.

Publicado en teo.gal o luns 23 de decembro de 2024.

 

LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO.  PERSOAL LABORAL FIXO.

Aprobada a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

Nomeadas ás seguintes persoas como membros do tribunal cualificador ao abeiro do previsto na cláusula sétima das Bases xerais que regulan a convocatoria.

Convócase ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día venres 20 de decembro de 2024, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal.

Publicado en teo.gal o luns, 16 de decembro.

 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO.  PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de oficial electromecánico, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

Publicado en teo.gal o 24 de xaneiro de 2023.

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OFICIAL/A ELECTROMECÁNICO/A.

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.

BOE número 307 do 23 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira.

Consulta aquí o anuncio completo.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, por concurso-oposición, a citada praza.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación  desta resolución no «Boletín Oficial do Estado». A publicación fíxose o 23 de decembro polo que o prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 26 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023.

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso selectivo.

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2022.

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OFICIAL ELECTROMECÁNICO. 

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión da praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. OFICIAL ELECTROMECÁNICO. 

ANUNCIO NO BOP DO 5 DE DECEMBRO DE 2022.

O BOP número 230 do 5 de decembro de 2022 publica o anuncio das Bases xerais e específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro. 

Convócase a praza de oficial/a electromecánico/a, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeira.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1557/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais e específicas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro mediante o sistema de concurso – oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Consulta aquí as bases xerais e específicas da convocatoria.

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.