O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica a oferta de actividades culturais e as actividades deportivas para o curso 2024-25 para facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso.
O prazo de inscrición comezará este luns 26 de agosto e estenderase ata o vindeiro 6 de setembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.
Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 12 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes; así como nas redes sociais do Concello e nas de cada departamento. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 12). As listaxes definitivas publicaranse o 27 de setembro.
Pagamento
Cada actividade está programada en tres cursos:
1º curso – de outubro a decembro (20 euros)
2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)
3º curso – de abril a xuño (20 euros)
Porén, para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril). En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.
Senón poderase facer a inscrición (non se garda a praza) e o pagamento de cada curso (20 euros) nas seguintes datas:
1º curso (ou curso completo): do 12 ao 23 de setembro.
2º curso: primeira quincena de decembro.
3º curso: primeira quincena de marzo.
Na ficha de inscrición -que se subirán á web o propio luns 26 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento.
Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Actividades e novidades
Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada.
No tocante á oferta de actividades culturais para o vindeiro curso 2024/2025, mantéñense as tradicionais disciplinas de artes plásticas, guitarra, teatro, informática e tecnoloxías dixitais.
Porén, como novidade, ofertaranse dous novos obradoiros -tanto para a mocidade como para adultos- que amplían a oferta cultural. Por un lado, o obradoiro de customización e creación de adornos, prendas e complementos, un obradoiro onde se fusionará a reciclaxe, a estética e se dará renda solta á propia imaxinación dos participantes. Por outra banda, o obradoiro de fotografía, edición e retoque dixital, que ensinará aos participantes a utilizar unha cámara/teléfono móbil e sacarlle o máximo partido.
Aviso de errata
Na actividade deportiva para adultos de Kickboxing, o curso será os martes e venres de 20.00 h a 21.00 h no Pavillón de Calo. Serán dous días de clase á semana. Desculpade o erro.
*As prazas de técnica de Deportes e de Cultura son subvencionadas pola Deputación da Coruña.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Programa Deportes 24-25.pdf | 2.27 MB |
Programa Escolas Culturais 24-25.pdf | 1.16 MB |
Folla inscrición CULTURA 2024-25(1).pdf | 247.98 KB |
Folla inscrición adultos DEPORTES 2024-2025.pdf | 302.42 KB |
Folla inscrición rapaces DEPORTES 2024-2025.pdf | 271.2 KB |
DEPORTES_LISTAXES DE ADMITIDOS RAPACES.AS_.pdf | 199.87 KB |
DEPORTES_LISTAXES DE ADMITIDOS ADULTOS.pdf | 192.38 KB |
CULTURA_LISTADO PROVISIONAL ADMITIDAS_ EXCLUÍDAS.pdf | 261.75 KB |