O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A narración oral do conto O lar das palabras, unha historia que narra, en clave simbólica, a historia dun Reino onde habitaban unhas palabras moi antigas que cada día que pasaba ía esmorecendo, facéndose máis pequenas, máis febles, máis invisibles. Ninguén sabía que pasaba.
Despois de contar o conto comentarase coas familias as sensacións provocadas pola historia, establecendo paralelismo entre as palabras do conto e a situación actual de moitas linguas, nomeadamente o galego, que precisan ser faladas para non desapareceren.
A partir desta dinámica de conversa, pediremos axuda ás persoas asistentes, principalmente ás crianzas, que propoñan ideas para mantermos vivas as palabras do galego, a nosa lingua, e como facer que teñan un oco no noso día a día. Trátase de provocar neles unha reflexión e unha participación activa. Despois de tomarmos nota no noso caderno especial para as ideas, nun encerado que levaremos para a actividade, das ideas propostas, falaremos do concepto de dicionario, o lugar onde se gardan e clasifican as palabras e proporémoslles faceren un dicionario familiar, no que apuntar as palabras favoritas de cada familia: as que máis lles gusten, as novas palabras que vaian coñecendo, as palabras que vaian aprendendo na escola, nos libros, no barrio, dos avós e avoas…
*Trátase dunha actividade realizada para o repositorio TeCeRedes en galego, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
Actividade de acceso libre.