O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

RUTA INTERPRETADA DAS BEIRAS DO ULLA, con dinámicas de baños de natureza e benestar

Data e hora

Localización
Punto de encontro: Pontevea, na ponte medieval (Reis, Teo)
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Acollida e introdución sobre o lugar no que nos atopamos e a súa relación cos recursos patrimoniais. Información sobre a dinámica da experiencia.

Explicación sobre o territorio no que nos atopamos, incluído na Ruta da Lamprea de Galicia.

Realización dunha ruta circular de sendeirismo duns 5 – 8 km polas beiras do Ulla teense e da Estrada, durante a cal realizaremos actividades con movementos corporais de benestar e consciencia guiados por un facilitador especializado.

Trátase dun encontro persoal con actividades que te levan a un estado de calma, tranquilidade e quietude nunha paraxe natural. Un convite a abrirse a ese "momento presente" dun xeito consciente co fin de "alinearse" cos latexos do corazón e da natureza favorecendo un equilibrio interno nas persoas asistentes.

A ter en conta: traer roupa e calzados cómodos, auga e o preciso para unha ruta de entre 5 e 8 quilómetros.

 

Listaxe de agarda
Baño de natureza

Outros eventos por vir