O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TEO ENTRE VIÑEDOS: Paseo vitivinícola con degustación harmonizada

Data e hora

Localización
Casa Consistorial do Concello de Teo na Ramallosa, Lucí, Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
2

Se queres descubrir a tradición vitivinícola de Teo como o territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas máis próximo a Santiago de Compostela, vente con nós a pasear entre viñedos e poñerlle cara ás persoas artífices desta paisaxe e desta cultura do viño. Unha oportunidade para descubrir Teo desde outra mirada: a da paisaxe, o viño e os sabores do territorio.
A actividade propón un percorrido guiado por tres das sete parroquias de Teo integradas na subzona Ribeira do Ulla:
• Rarís — visita aos viñedos de Viñas Marecaste e Mar de Envero.
• Santa María de Teo — visita aos viñedos da Bodega Pazo de Vedoria en Agromaior.
• Oza — visita aos viñedos da adega Gómez & Rial.
Durante a actividade coñeceremos as particularidades da viticultura atlántica, a paisaxe da Ribeira do Ulla e o papel que desempeña Teo dentro da DO Rías Baixas.
A experiencia rematará cunha degustación de viños harmonizada cunha cata de queixos galegos guiada por Salomé Beiroa. A cata realizarase nunha carpa instalada dentro do propio viñedo, permitindo gozar dunha auténtica experiencia sensorial no medio da paisaxe vitivinícola.

Importante: Nesta primeira experiencia a visita é unicamente aos viñedos.

Organización e punto de encontro

O punto de encontro e tamén de finalización da actividade será na Casa Consistorial na Ramallosa ás 11:00 h, onde as persoas participantes poderán deixar os seus coches con comodidade.
Desde este lugar, o desprazamento entre os distintos puntos do itinerario realizarase en microbús, facilitando unha experiencia cómoda, segura e sostible.

Observacións
Recoméndase levar calzado cómodo e roupa axeitada para camiñar por camiños e terreos de viñedo.
• A actividade desenvolverase ao aire libre, polo que se recomenda protección solar, gorra ou roupa de abrigo segundo a climatoloxía.
• Ao finalizar a actividade en Oza, o microbús levaranos de regreso ao punto de encontro na Ramallosa.
Listaxe de agarda
Enoturismo

Outros eventos por vir