O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Plan Especial de Infraestruturas e dotacións SXS1 Centro de Saúde

Por Resolución da Alcaldía, do 10 de setembro de 2024, aprobouse inicialmente o PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIONS SXS1 CENTRO DE SAÚDE, de xullo de 2024 (rex. entrada nº 2024999900002094 e 3224, do 17/07/2024), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por ABTEMAS S.L..

De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado Plan Especial.

A duración da suspensión é de dous anos, contados dende a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva do Plan Especial.

A área afectada pola suspensión é a seguinte: solo rústico identificado como R-1SX-S1 e R3 no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Superficie de 10.539 m2 segundo escritura pública do 12 de xaneiro de 2024.


Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses. 

Consulta aquí o anuncio completo.

Publicado en teo.gal o 17 de setembro de 2024.

PUBLICACIÓN NO DOG

Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a pu- blicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 RLSG e 44 LPACAP).
Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG)

Publicado en teo.gal o 10 de outubro de 2024.