O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O domingo de feira ten historia propia no San Martiño. O 8 de novembro, a Feiriña continúa esa tradición cunha xornada dedicada especialmente ás familias na Carballeira de Francos. Haberá propostas para descubrir a contorna, achegarse ao mundo cabalar e compartir xogos, con programación de mañá e de tarde.
ACTIVIDADES CON INSCRICIÓN PREVIA
Ás 10.00 h, «Polas terras da Raíña Lupa», unha ruta guiada polo Colectivo A Rula para coñecer a paisaxe e as historias da contorna de Francos.
Ás 11.00 h, «As ferraduras do Camiño», unha xincana familiar para descubrir, a través de pistas, a relación entre os cabalos, o Camiño e a carballeira.
Ambas as actividades son gratuítas e precisan inscrición previa en teo.gal/actividades.
DE 11.30 A 15.00 H: ACTIVIDADES SIMULTÁNEAS SEN INSCRICIÓN
Durante esta franxa, as familias poderán achegarse e participar nas distintas propostas segundo haxa dispoñibilidade:
• Bautismo hípico e achegamento ao cabalo. Paseos en poni e unha estación de cepillado para coñecer de preto estes animais e aprender algúns dos seus coidados.
• «Os Outros Garabatos: Imos xogar». Xogos elaborados con materiais de refugallo para probar a habilidade e divertirse en familia. Esta actuación inclúe tamén o obradoiro de chaveiros «Martiño Cabaliño», que se realizará dentro da carpa.
• Obradoiro de galletas «Martiño Cabaliño». Tamén na carpa, nenas e nenos poderán elaborar as súas propias galletas.
Non é preciso anotarse nin chegar á hora de inicio: podedes vir ao longo da mañá e incorporarvos ás actividades conforme queden prazas dispoñibles.
E A FEIRIÑA CONTINÚA…
Ás 13.30 h, Sandra Soneira amosará no obradoiro familiar de embelecemento do cabalo como se prepara un animal para competir: limpeza, trenzado da crin e da cola e os últimos detalles antes de saír á pista.
Ás 16.30 h, o carrusel hípico ofrecerá unha exhibición cabalar para gozar en familia.
Ás 17.30 h, «A Feira das Linguas» pechará a xornada cun espectáculo de teatro musical na Praza Cultural do San Martiño.
Estas tres actividades son de entrada libre, sen inscrición previa ata completar a capacidade.
Consultade a información de cada proposta en teo.gal/actividades e preparade o voso domingo de feira!