O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Que pasaría se nunha feira se falasen moitas linguas, pero ninguén empregase o galego? Esa é a situación coa que se atopa Bolboreta ao volver dunha xira polo Sáhara e coñecer un feirante ben peculiar.
Así arrinca A Feira das Linguas, un espectáculo de teatro musical de Lydia Botana que nos convida a descubrir a historia da nosa lingua con moito humor e música.
Aquí as cantigas de Martín Códax soan a reggae e rap, a tradición atrévese co «tradi-trap» e o galego viaxa polo mundo sen perder as raíces. Unha proposta para gozar en familia, con risas e emocións a esgalla!
NON É PRECISO INSCRIBIRSE.
https://www.facebook.com/LydiaBotanaMusic
https://www.instagram.com/lydiabotana?utm_source=ig_web_button_share_sheet&rpxt=ZDNlZDc0MzIxNw==