O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

SAÍDA Á EXPOSICIÓN "MULLERES SOBRANCEIRAS"

Data e hora

Localización
https://maps.app.goo.gl/tCrJsGDmTqMhrKiz9

Prazas dispoñibles
18
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Visita á exposición «Mulleres sobranceiras. Luísa Villalta. Música, palabra e compromiso»

Desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Teo convidámosvos a participar nunha visita á mostra dedicada a Luísa Villalta no Arquivo de Galicia, un percorrido polo legado dunha das figuras imprescindibles da nosa cultura.

A través de máis de 60 pezas procedentes do seu arquivo persoal —entre borradores, correspondencia, partituras e publicacións—, afondaremos na súa traxectoria como música, escritora, tradutora e docente, así como no seu firme compromiso social e feminista.

  • Lugar: Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura, Monte Gaiás – Santiago de Compostela)
  • Data: Xoves, 10 de decembro
  • Hora: 16:30 h
  • Saída e punto de encontro: O autobús partirá desde o Auditorio Municipal Constante Liste
  • Custo: Actividade gratuíta (prazas limitadas)
Inscribirse
saída

Outros eventos por vir