O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o espazo intergaláctico chega á Terra unha nave cargada de marcianas caníbales dispostas a acabar coa existencia do ser humano…..pero, que ocorrería se un amor imposible xurdira neste absurdo e cómico caos?
“Xa están Aquí” é a versión definitiva de “Romeo e Xulieta”, pero con moita máis coña, crítica social e a tolemia característica de Chumpá Teatro.
Unha obra para todos os terrícolas que teñan a mente aberta e o sorriso sempre a punto.
Acceso libre ata completar aforo