O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O departamento de Benestar publica as convocatorias para o programa de conciliación Diverteo, que se celebran nos períodos de vacacións escolares, e está dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 preferiblemente empadroados en Teo. O prazo de inscrición para os Diverteo que se celebran de xuño a setembro xa están abertos dende o 10 de maio e pódense consultar premendo aquí
O servizo pretende ser unha ferramenta para que as familias poidan conciliar a vida familiar e laboral. O Diverteo realízase nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, agás o de agosto que só se realizará na Ramallosa. O horario de funcionamento é dende as 07:30 ata as 15:30 horas o servizo completo e ata as 14:00 horas no caso de contratalo sen comedor.
O custe por día é de 5 euros pola atención educativa, 0,5 euros polo almorzo e 3,5 euros polo xantar sendo o servizo completo en 9 euros. Os programas deben pagarse completos e non por días soltos.
Este ano as persoas interesadas poden presentar dende o 10 de maio a solicitude para calquera das edicións dun dos Diverteo que se celebrarán entre xuño e setembro: diverteo xuño, diverteo xullo, diverteo agosto e diverteo setembro.
O Diverteo xuño realizarase do 26 ao 30 de xuño e a inscrición está aberta do 10 de maio ao 26 de maio. A listaxe provisional de admitidos/as publicarase o 30 de maio e o pagamento poderase facer ata o 9 de xuño publicándose a listaxe definitiva de participantes o 15 de xuño.
O Diverteo xullo realizarase a primeira quenda do 3 ao 14 e a segunda do 17 ao 31 de xullo estando aberta a inscrición dende o 10 de maio ata o 2 de xuño. A listaxe provisional de admitidos/as publicarase o 6 de xuño podendo facer o pagamento ata o 15 de xuño. A listaxe definitiva de participantes publicarase o 21 de xuño.
O Diverteo agosto só se fará se hai un mínimo de 15 participantes e neste caso será só na Ramallosa. A inscrición está aberta do 10 de maio ao 30 de xuño e o servizo será na primeira quenda do 1 ao 14 e na segunda do 16 ao 31 de agosto. A listaxe provisional de admitidos publicarase o 5 de xullo e o pagamento poderase facer ata o 14 de xullo publicándose a listaxe definitiva o 20 de xullo.
O Diverteo setembro farase do 1 ao 8 de setembro e a inscrición está aberta do 10 de maio ao 1 de agosto. A listaxe provisional de admitidos publicarase o 3 de agosto e o pagamento poderase facer ata o 11 publicándose a listaxe definitiva o 18 de agosto.
As táboas de prezos e as exencións deste servizo pódense consultar na ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar e na modificación da Ordenanza do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación.
Attachment | Size |
---|---|
fichainscricion_diverteoxuñoasetembro.pdf | 94.38 KB |