O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de publicar a convocatoria do Diverteo Nadal, un programa de conciliación que pretende facilitar ás familias a atención aos menores nos períodos de vacacións escolares. O servizo durante as próximas vacacións de Nadal funcionará do 22 de decembro ao 5 de xaneiro nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.
As persoas interesadas deben facer a inscrición entre o 15 e o 27 de novembro entregando a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello. O Rexistro está aberto de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.
O horario do servizo é de 07:30 a 15:30 horas con comedor ou de 07:30 a 14:00 horas sen comedor. O programa está dirixido a nenos/as escolarizados/as nos CEIPs e CRA de idades entre os 3 e os 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Teo.
O Diverteo ten un custe de 5 euros a atención educativa; 0,5 euros o almorzo e 3,5 euros o xantar. O servizo completo custa 9 euros. O programa solicítase completo e non por días soltos. As bonificacións pódense consultar no bop nº 33, do 19/02/16 e no bop nº 229 do 02/12/2016.
A listaxe de admitidas/os publicarase a partir do 29 de novembro na páxina web (teo.gal) e no taboleiro do Concello. O pagamento pódese facer ata o 11 de decembro incluído. Unha vez feito o pagamento hai que entregar o comprobante no Concello antes do 12 de decembro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. O 15 de decembro publicarase a lista definitiva de admitidos/as e farase chamamento ao listado de agarda se quedan vacantes.
Máis información sobre esta convocatoria no teléfono do Concello: 981.815.700. Esta actividade está organizada dende o Departamento de Igualdade e está subvencionada pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia.
Consulta aquí a convocatoria completa do Diverteo Nadal
Descarga aquí a ficha de inscrición
Descarga aquí a folla de pagamento para as actividades de conciliación
Attachment | Size |
---|---|
fichainscricion_diverteonadal.pdf | 108.3 KB |