O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo abre o prazo de inscrición para anotarse no curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO. As solicitudes, que xa se poden descargar aquí ou recoller nas oficinas municipais, pódense entregar no Rexistro Xeral do Concello entre o luns 11 e o sábado 30 de xaneiro.
O curso está dirixido a persoas que teñan cumpridos os 18 anos durante o 2015 e que non dispoñan do título de graduado en ESO. As solicitudes deben ir acompañadas da copia do DNI. O concello oferta 35 prazas e o acceso farase por orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral de Entrada do Concello, tendo preferencia as persoas empadroadas en Teo.
O curso comezará no mes de febreiro de 2016 e durará seis meses. As clases, como vén sendo habitual, serán en horario compatible cun horario laboral. A previsión é que as clases se impartan no Centro Sociocultural da Ramallosa en horario de 20:20 a 22:40 de luns a venres.
Proceso de selección de profesor/a
En relación con este curso dende o Concello tamén se ten aberto un proceso de selección dun/ha profesor/a de educación de adultos. O prazo para presentar as solicitudes remata o luns 11 de xaneiro.