O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Chévere preestrea en Teo Annus Horribilis e Río Bravo

| compartir:

A compañía Chévere, residente no Concello de Teo, ofrece a preestrea de dúas obras: AnnusHorribilis o martes 27 de xuño ás 21.00 h e Río Bravo o 28 de xuño, tamén ás 21.00 h. Só aberto para público teense cun máximo de 120 entradas para cada función. O Concello de Teo establece para isto un sistema de reserva de entradas para favorecer o acceso das persoas empadroadas en Teo.

Condicións:

Entrada unicamente para as persoas empadroadas en Teo.

Cada persoa pode reservar ata un máximo de2 entradas ao seu nome.

Reserva de entradas:

No momento de realizar a reserva debe indicarse o nome e apelidos das persoas que queiran asistir á función para realizar a correspondente comprobación no Padrón de Habitantes.

Poderase reservar a entrada  por teléfono no 981 815 700,ou de maneira presencial no Departamento de Cultura, na Biblioteca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou na Aula de Informática municipal.

Acceso á función:

Unha vez reservada a entrada por algún dos medios anteriormente citados elaborarase unha listaxe coas 120 persoas que teñan acceso a cada función, polo que o día da función, ao seren entradas nominais, será necesario identificarse na entrada.

Día da función:

Solicítase puntualidade. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a esta.

No caso de que queden entradas libres poderá acceder o público presente na entrada por orde de chegada.

30 anos

Chévere cumpre 30 anos e estao celebrando agasallando ao público ofrecendo a posibilidade de volver a ver algunha das súas montaxes máis celebradas. Dúas das obras míticas que vai volver a realizar son Río Bravo e Annus Horríbilis, as que se poderán ver en Teo os días 27 e 28 de xuño.

Segundo explican eles mesmos na súa web "moita a xente que segue falando de cando viu por primeira vez Rio Bravo e para Chévere foi unha escola de vida e oficio, ademais do primeiro gran éxito de público. Annus Horríbilis marcou un punto de madurez e excelencia para todo un grupo de artistas vencellados con Chévere, coa Nasa e con Compostela e permitiu abrir novos camiños profesionais e creativos".

Cartel de Río Bravo