O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concellaría de Cultura de Teo, dirixida por Pilar Faxil, pon en marcha as Bebetecas nas bibliotecas públicas de Cacheiras e Os Tilos. As bebetecas son un espazo de atención á pequena infancia, nenos e nenas de ata tres anos, no que poderán facer o seu primeiro achegamento ao mundo dos libros.
As bebetecas xa están funcionando dende esta semana e onte mesmo a concelleira de Cultura visitaba a instalación na Mediateca do Grilo (Cacheiras). Segundo explica Pilar Faxil “deseñamos un espazo tranquilo e cómodo, con mobiliario especial e un fondo específico destinado aos máis pequenos da casa”. Ademais da propia bebeteca tamén se instalaron outros elementos como cambiadores nos baños das bibliotecas para facer máis cómoda a visita das familias aos centros.
A concelleira destaca que coas bebetecas “queremos impulsar a lectura dende a primeira infancia ademáis de crear espazos comunitarios onde as familias poidan compartir experiencias”. O obxectivo xeral desta iniciativa é crear espazos de lectura en familia ofrecendo encontros, charlas e asesoramento con atención constante por parte dos profesionais das bibliotecas.
Nas bebetecas pódese atopar material específico para os/as nenos/as de 0 a 3 anos, libros con sons, libros blandiños, libros troquelados, puzles… Está previsto tamén ter unha programación específica para estes espazos con actividades relacionadas coa lectura adaptadas para esas idades. Tamén se propoñerá facer bebencontros onde os pais e nais poderán facer unha posta en común de experiencias e dúbidas.
As bebetecas son un termo usado por George Curie na 5ª Conferencia Europea de Lectura (Francia 1987) referíndose a estes espazos pensados para a atención nos primeiros anos de vida nas bibliotecas.