O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Nos últimos días estanse comezando a recibir en Teo as notificacións das liquidacións do IBI dos inmobles afectados pola regularización realizada polo Catastro, dependente do Ministerio de Facenda. Esta liquidación recolle o exercicio actual e os de exercicios pasados se é o caso. Dende o Concello quérese destacar a posibilidade que existe de fraccionamento do pago ademais de lembrar que esta regularización afecta a unha porcentaxe de ao redor do 30% dos recibos totais. A maioría dos contribuíntes teenses pagarán o mesmo que o ano pasado.
A regularización catastral é un proceso impulsado polo Catastro que busca incorporar as novas construccións ou alteracións nas existentes que afecten ao valor catastral do inmoble. Este proceso, que fixeron en Teo estes meses, aféctalle a todos os Concellos.
Dende o Concello quérese destacar varios aspectos sobre esta liquidación extraordinaria , que está xerando certa confusión entre as persoas que reciben os recibos, nalgún caso dos últimos catro anos. Un dos aspectos máis importantes é a posibilidade de fraccionamento ou aprazamento da débeda. Cando o importe sexa menor de 18.000 euros non é preciso achegar documentación que xustifique dificultades económicas, sendo suficiente con explicar no escrito de solicitude o interese por fraccionar ou aprazar. As débedas inferiores ou iguais a 3.000 euros pódense dividir ata en 12 prazos e as maiores de 3.000 euros pódense dividir ata en 24 prazos.
As solicitudes de fraccionamento ou aprazamento deben dirixirse á Deputación Provincial, encargada da recadación do citado recibo. Os impresos poden presentarse persoalmente na ofician da Zona 3, situada na Rúa Ferndando III O Santo, número 9-Baixo, Santiago de Compostela ou envialas por correo postal ao seguinte enderezo: Rúa Archer Milton Huntington, 17-15701, A Coruña. Tamén se poderán entregar no Concello que as derivará á Deputación.
O prazo de solicitude do aprazamento establécese segundo a data da notificación recibida. Se se recibe a liquidación entre o 1 e día 15 de mes, pódese solicitar ata o día 20 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil. Se a notificación chega entre os días 16 e final de mes, poderase pedir o fraccionamento ata o día 5 do segundo mes posterior ou o seguinte día hábil.
O prazo de pagamento normal das liquidacións, sen solicitar fraccionamento nen aprazamento, será ata o 20 de decembro de 2016, como se indica no propio documento.
A liquidación do exercicio 2016, que só reciben as persoas afectadas polo proceso de regularización catastral, substitúe ao recibo ordinario deste exercicio. No caso de telo domiciliado a orde mantense vixente para os recibos dos vindeiros exercicios. Tamén hai que lembrar que os inmobles regularizados como rústicos non tributan ata o 2017 e non terán atrasos.
Os inmobles non regularizados, que recibirán un recibo igual ca o do ano pasado, terán un período de pago voluntario, como en anos anteriores, do 15 de setembro ata o 21 de novembro.
Os teléfonos de atención para consultas sobre este tema son os seguintes: Atención ao contribuínte (gratuíto): 900.132.204 ou o da oficina da Zona 3 de Santiago: 981.599.966.