O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE O ENTROIDO NAS PARROQUIAS DE CACHEIRAS E TEO

| compartir:

O entroido dos xenerais da Ulla continúa esta fin de semana en Teo, concretamente nas parroquias de Cacheiras e Santa María de Teo. O sábado 6 e domingo 7 o entroido máis numeroso do Concello voltará a percorrer as aldeas e lugares de Cacheiras mentras que en Teo, moito máis pequena, só sairán o sábado.

No caso de Cacheiras a comitiva superará as 150 persoas entre persoas a cabalo e comparsas de bonitos e vellos. Este ano irán 14 persoas uniformadas entre correos e xenerais. O sábado a comitiva do entroido sairá dende as 11:00 horas do Sisto, e pasarán por Pedrouso, Vilar, Guldrís, Lamas, Montes, Solláns, As Laxes, Requián, a zona do instituto, a zona da Igrexa onde se fará un “alto”, Sebe, a Pedra,  Catro Camiños, As Pozas e Cacheiras. O domingo o percorrido levaraos por Montouto, a Póvoa, Cobas, a Barcia, Penelas, Tras do Eixo, as Noenlles, Procelas, a Torre, a Devesa, o Raxó onde farán un “alto”, Feros e Cacheiras rematando no campo da festa. Un dos momentos centrais desta celebración é o atranque no que enfrontan dialécticamente os xenerais tocando temas de actualidade utilizando a sátira e a ironía. En Cacheiras o atranque celébrase só o domingo, sobre as 20:00 horas no campo da festa. As coordenadas para o GPS do campo da festa son: 42º 49´17.8"/8º 32´38.2".

 

En Santa María de Teo sairán o sábado 6 dende mediados da mañá do campo da festa e pasarán polos lugares de Fontenlo, Noceda, Vilachaíño, Agromaior, Maios, Fontelo, Vilar, Campos e volta ao campo da festa. Rematarán co atranque e co sermón do “pai mala-lingua”, unha figura propia desta parroquia que fai un sermón de corte satírico e que se recita no momento dos atranques. As coordenadas de GPS do campo da festa son 42º 45´52.5"/ 8º 31´14.3"

teo