O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Dentro da programación cultural de Nadal no Concello de Teo este luns 28 de decembro teremos "Un nadal cheo de contos" da man da compañía Lisístrata. A actuación será na Casa Común dos Tilos ás 18:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
Esta tarde a compañía Lisístrata estará en Teo para poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantarán panxoliñas e contarán historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...
O Departamento de Cultura agradece que os/as asistentes colaboren co Banco Veciñal de Alimentos de Teo entregando alimentos non perecedeiros (leite, conservas...)