O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A feira do San Martiño volveu a congregar a milleiros de persoas

| compartir:

Un 11 de novembro máis Teo volveu a ser unha festa. Unha gran festa con centro na carballeira de Francos (Calo) onde se celebra a feira cabalar do San Martiño, unha cita documentada dende 1557. Este ano ao ser sábado foron milleiros de persoas as que se achegaron para desfrutar dunha xornada na que os cabalos, a gastronomía e os postos de venta foron os protagonistas.

Ademais dos numerosos visitantes e as colas quilométricas para chegar os numerosos postos de venta testemuñan a importancia e o interese desta cita. Este ano a zona da carballeira na que se colocan os cabalos e ponis que se poñen á venta estivo moi animada dende primeira hora.

Dende a concellaría de Promoción económica destacan tamén os bos números en canto ao número de postos, que se achegaron a case 100 entre os instalados na zona pública e os que se colocan en fincas privadas.

Barriga verde volve á feira

Este ano outro dos atractivos do recinto foi a barraca de Barriga Verde que volveu á feira de Francos despois de décadas. Dentro da programación do festival Titiriberia instalouse unha barraca que recreaba a experiencia que viviron milleiros de galegos/as durante décadas. Durante o día realizáronse varias funcións rematando con Viravolta Teatro que fixo un achegamento á histórica figura de Barriga Verde. Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recolléronse cinco situación que Barriga Verde, coa axuda da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo, que atopa o inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. 

Clausura do PicoTeo

Outra das actividades que espertou interese nesta edición da feira foron as catas comentadas que se realizaron como clausura ao Picoteo. Na tarde realizouse o sorteo dos premios para os participantes nestas xornadas. Hai tres premios de tres cestas con produtos gastronómicos do país con certificación de calidade. As gañadoras foron as seguintes persoas: Alicia Carro, Ana María Carrillo Novo e Ainhoa Otero Rodríguez. As reservas destes premios son: Xian Ventura Caeiro, José Ramón Otero Gaspar e Iria Mendéz Neira.

O premio dixital, o das redes sociais que consiste nunha cea con aloxamento e almorzo nun establecemento de Teo foi para Esperanza Porto Varela. A reserva para este premio é Jaime Mateu. Estes agasallos entregaranse este venres 17 ás 14:00 horas na Casa do Concello.

San Martiño