O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Máis de corenta persoas participaron nunha nova sesión do programa de paseos colectivos guiados ‘Andar’, que o Concello de Teo puxo en marcha durante os meses de xullo e de agosto.
A actividade é de participación libre e gratuíta. Todos os mércores, a partir das 19:30 horas, as persoas interesadas en participar deben acudir á área recreativa de Mouromorto, en Calo. Nese punto de encontro realízase un quentamento previo, dirixido polo monitor de ximnasia do programa de envellecemento activo.
O percorrido posterior polos arredores da zona ten unha duración aproximada dunha hora. O ritmo adáptase a todas as idades, o que permite que estes paseos resulten especialmente axeitados para persoas maiores de sesenta anos. O obxectivo do programa ‘Andar’ é favorecer a práctica de exercicio físico en contacto coa natureza e á vez propiciar a interrelación social.
Esta actividade conta co apoio de persoal do programa municipal de Voluntariado Xuvenil e do servizo de Protección Civil de Teo.