O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Medomedá presenta o seu novo disco en Cornide

| compartir:
Parroquia
Calo

A banda teense Medomedá presenta este sábado 17 o seu novo disco "Empeorando pa mellor" en Cornide. Trátase dunha das últimas oportunidades de velos sobre un escenario, segundo indican na súa páxina de facebook. O concerto está organizado polo Concello de Teo, a través do departamento de Mocidade.

Esta actuación será na carballeira de Cornide, dende as 21:30 horas. Decidiuse realizar alí porque a escola de Cornide é un dos locais que usan as bandas do Concello para ensaiar e considerouse un lugar adecuado para ofrecer o concerto.

Medomedá estará acompañado de A Banda de Balbina e de Carne de pescozo.

A banda formada por J.A. Pais, Pat, Markinhos e Arturo explican que este verán ofrecerán os seus últimos concertos. Sen dúbida o de Cornide, no que tocarán o seu último traballo, será un bo momento para comezar a despedilos.

 

Concerto de Medomedá