O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os equipos que desexen participar na XV Liga de Fútbol Sala Concello de Teo teñen de prazo ata o vindeiro 18 de setembro para formalizar a inscrición nesta competición. O Concello de Teo abre tamén un prazo de tempo para solicitar o uso dos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa durante o período comprendido entre 1 de outubro ao 31 de maio.
As persoas interesadas en anotar un equipo na liga poden presentar as súas solicitudes ata o 18 de setembro no Rexistro Xeral da Casa do Concello. Para iso deben presentar a folla de solicitude cuberta, fotocopia do DNI e fotografía tamaño carné de cada integrante do equipo, tal e como se recolle nas bases desta liga .
O Departamento de Deportes informa tamén da apertura do prazo para solicitar o uso dos pavillóns municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para realizar actividades deportivas durante o período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio. As persoas e entidades interesadas terán de prazo entre o 1 e o 15 de setembro para entregar a ficha de solicitude , debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello e o día 17, ás 20.30 horas realizarase un sorteo na Casa do Concello para cadrar as solicitudes.
O horario do Rexistro Xeral do Concello, no cal hai que realizar estes trámites, é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e os sábados entre as 09:00 e as 13:00 horas. Pódese solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono do Concello 981 815 700.
Podes consultar a convocatoria completa da Liga de Fútbol Sala e a convocatoria completa da utilización de pavillóns deportivos municipais.