O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O incendio forestal rexistrado na parroquia de Calo onte quedaba oficialmente controlado ás 21:44 horas, segundo o protocolo de Medio Rural. Despois de horas de moito risco e incertidume para unha zona con moitas vivendas desactivábase a Situación 2, declarada cando o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, lamenta "a tardanza dos medios aéreos para colaborar na extinción, chegou antes a Conselleira que os helicópteros".
O lume declarouse ás 17:42 horas e no seu control traballaron medios terrestres da Xunta, do Concello de Teo así como doutros Concellos coma Santiago. Durante a tarde sumáronse aos traballos de extinción 2 helicópteros e 1 avión.
O rexedor destaca o risco para moitas vivendas en Socastro, Texexe ou Mouromorto en zonas nos que o lume quedou só a escasos metros das casas. Pola noite, unha vez controlado o lume, quedou un retén do Servizo Municipal de Emerxencias de Teo, para vixiar que non volvera prender.
A superficie afectada, segundo estimacións provisionais de Medio Rural, sitúase arredor das 55 hectáreas. Lémbrase que calquera persoa que vexa un lume forestal debe chamar ao número de teléfono gratuíto 085.