O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 19 e 20 de setembro de 2015, a localidade de Os Tilos volverá a acoller a celebración dunha nova edición do PROXECTO MUNDIAL, concentrando na localidade teense á elite do karate español e portugués. Una iniciativa avalada pola Real Federación Española de Karate (RFEK) coa intención de preparar a aqueles deportistas con opcións de participar no Campionato do Mundo CD/JR/SUB-21, que se celebrará o próximo mes de novembro en Iakarta (Indonesia)
O Club San Francisco Teo, como anfitrión, organiza este evento baixo a coordinación de Óscar Lafuente López, Director Técnico do club teense e coa colaboración do Concello de Teo. Contará coa participación das seleccións española e portuguesa das categorías cadete, junior e sub-21. A elas engádeselle a participación de clubs procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal.
O combinado da RFEK estará formado por 18 deportistas procedentes de diferentes puntos da xeografía española. Entre eles estarán algúns dos karatecas máis destacados do club organizador como Xavier Santos Veiga, Isabel San Martín López, Jacobo Veiga Piñeiro, Ana Belén Lobato Ríos e Silvia Lobato Ríos.
Darase comezo ao evento cun Curso de Alta Competición impartido por César Martínez Blanes (seleccionador da RFEK), que servirá de preparación para os integrantes do combinado español e no que poderán participar todos aqueles técnicos e deportistas interesados en coñecer de primeira man os métodos de traballo seguidos para preparar aos deportistas da Selección Nacional. Posteriormente terá lugar o II Trofeo de Karate San Francisco Teo, que enfrontará aos deportistas participantes neste evento.