O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLEIRO XURXO FRANCOS DESPIDEU ESTA MAÑÁ AO GRUPO DE NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN NO CAMPEMENTO INFANTIL

| compartir:

Esta mañá o entorno da Casa do Concello, na Ramallosa, parecía máis un patio de colexio no día de fin de curso. Numerosos pais e nais viñeron despedir ao grupo de nenos e nenas que asisten ao camemento infantil dende hoxe ata o 26 de agosto. O concelleiro Xurxo Francos tamén os acompañou e sumouse á foto de grupo.

O grupo, de 98 nenos e nenas de entre 7 e 11 anos estará no albergue de Santa Cruz de Oleiros ata o próximo mércores 26 e durante estes días terán tempo para a praia así como actividades deportivas (xincanas, olimpiadas, iniciación ao baile...) e de aventura (tiro con arco, sendeirismo, orientación...). Ademais tamén farán obradoiros e saídas. No día da volta realizarán unha pequena demostración do aprendido nestes días no CSC da Ramallosa.

teo