O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo avanza no programa de participación Teo decide: camiños seguros. Esta iniciativa pretende escoitar á cidadanía para a toma de decisións na xestión municipal e para a primeira experiencia apostouse por preguntar polas prioridades veciñais de camiños seguros e sendas peonís.
Nestes días estanse enviando xa unhas fichas ás asociación para a recollida de información. Ademais dos colectivos calquera persoa particular pode cubrila, descargándoa da web municipal teo.gal e enviala ao Concello. Na ficha hai que indicar a proposta de senda, a utilidade da mesma explicando a que servizos da acceso, as persoas usuarias, ademais dos datos de contacto.
Durante o mes de xaneiro mantivéronse encontros públicos en Calo, Cacheiras e A Ramallosa para recopilar datos sobre a mobilidade no Concello de Teo e presentar o programa Teo decide: camiños seguros.
A propostas de sendas pódense enviar ata o 26 de febreiro ao enderezo de correo electrónico teodecide@concellodeteo.com. Para calquera dúbida ou suxestión tamén se pode contactar cos seguintes números de teléfono: 609.909.564; 627.570.943 ou 629.747.336. Unha vez recollidas as propostas estas avaliaranse e debateranse nun Foro de mobilidade aberto que se fará no mes de marzo.
Dende o goberno teense apostouse por comezar a traballar na participación cidadá co tema da seguridade viaria, por consideralo de interese maioritario. Teo decide: camiños seguros céntrase en deseñar sendas peonís que permitan á veciñanza desprazarse dun sitio a outro a pé ou bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar.