O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo pon en marcha o primeiro programa de participación cidadá co nome Teo decide. Nesta primeira experiencia o ámbito de decisión serán as prioridades de camiños seguros e sendas peonís para a cidadanía. Dende o goberno municipal “apóstase por ampliar os espazos de decisión da sociedade e queremos fomentar a participación da veciñanza na planificación dos seus servizos e proxectos”.
Teo decide: camiños seguros centrarase no deseño de sendas peonís que permitan aos vecinos/as desprazarase dun sitio a outro a pé ou en bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar. Segundo explica o concelleiro de Participación Cidadá, Ignacio Iglesias, “escollemos este tema para esta primeira experiencia conscientes de que a seguridade viaria é un tema que preocupa aos teenses a maiores de que é un ámbito no que xa se está traballando dende a xestión municipal nos últimos anos”.
O proceso de participación comezou hai semanas coa recopilación de información, sobre todo cos departamentos municipais, e ábrese agora a fase máis pública. Haberá tres fases que se inician a próxima semana con reunións ás que se convoca ás asociación pero nas que pode participar tamén calquera persoa interesada no tema. As xuntanzas serán o mércores día 20 no salón de plenos do Concello, o martes 26 na Mediateca do Grilo en Cacheiras e o 28 na Casa Común Marisa Mirás en Calo. Todos estes encontros comezarán ás 19:00 horas e neles agárdase presentar o programa, facer unha identificación de necesidades e unha definición a ter en conta para os roteiros.
Durante o mes de febreiro abrirase o proceso e convidarase á cidadanía a propoñer ideas sobre a cuestión a debate a través dun espazo web e de redes sociais. Esto culmirá co I Foro de Mobilidade que se celebrará a primeiros de marzo no que se convidará a todas as persoas, colectivos e asociación que queiran participar para definir unha proposta definitiva de roteiros.
O goberno municipal ten o compromiso de executar un 30% do investimento que realice en sendas nos vindeiros exercicios atendendo a proposta que saia do procedemento de participación veciñal Teo decide: camiños seguros.