O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Teo a posibilidade de realizar segregacións en solo de expansión de núcleo rural a través dun informe xurídico asinado pola Directora Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas. Deste xeito a Consellería dirixida por Beatriz Mato cumpre co compromiso adquirido co alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, o pasado 11 de xullo de buscar unha solución á imposibilidade de realizar segregacións en Teo dende a aprobación da última lei do solo.
Deste xeito, dende mañá 31 de xullo poderanse comezar a tramitar no departamento de Urbanismo municipal as licenzas de segregación. Segundo explica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, "somos conscientes do interese que ten este tema para os veciños e veciñas". Así mesmo "agradecemos a disposición da Conselleira e da Directora Xeral de Urbanismo para solucionar este tema". A edil lembra que a parcela mínima ten que ser de 600 metros cadrados netos.
Despois da xuntanza mantida na Xunta dende o Concello enviouse unha solicitude sobre a interpretación da lei do solo e do regulamento que a desenvolve no que afecta ás segregacións. Este venres recibíase a resposta, un informe xurídico no que se abre a porta a facer as parcelacións. Segundo destaca Lemus "dende sempre defendemos dende o Concello que a solución á imposibilidade de segregar que derivou da lei do solo no caso de Teo tiña que vir dos redactores e máximos intérpretes da propia lei e do seu regulamento".
O pleno de Teo xa aprobara, en abril do ano pasado, unha moción na que se pedía unha solución para a prohibición de segregar que comezou coa aprobación da última lei do solo.