O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alcalde de Teo, Rafael Sisto (Anova), e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSOE), mantiveron esta mañá un encontro co delegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Fernando Blanco. Durante esta xuntanza na Casa do Concello exploráronse vías de colaboración entre as dúas entidades.
Dende o Concello amosouse o interese por estudar o Convenio de colaboración entre a Fegamp e o ICOIIG mediante o que os Concellos poden contratar colexiados de maneira temporal. Esta colaboración podería centrarse en asesoramento en temas como o alumeado público, inspeccións de instalacións ou na xestión directa dos servizos públicos.
Precisamente no Concello de Teo estase dando un proceso de municipalización do servizo de auga e abastecemento, unha situación que supón un reto para a administración local e da que poden formar parte estes perfís profesionais.