O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Un 19 de agosto máis, o Concello de Teo lembra a Ánxel Casal e a todas as persoas represaliadas en Teo no mesmo día do mes de agosto no que o seu corpo de Ánxel Casal foi paseado no ano 36. Diante dos atentados terroristas ocorridos este xoves 17 de agosto en Cataluña e do loito oficial decretado polo goberno, dende o goberno municipal acordouse manter o acto en lembranza a Ánxel Casal pero introducir algunha modificación.
O acto reducirase a unha concentración na que se leerá un pequeno texto en lembranza das vítimas da barbarie, gardarase un minuto de silencio e realizarase a ofrenda floral diante do monolito de Ánxel Casal. Dende o Concello convídase á cidadanía a participar nesta concentración este sábado 19 de agosto ás 20:00 horas en Cacheiras.
No acto de homenaxe estarán representados os concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Teo, así como a Asociación A Oliveira, precursora desta homenaxe.
Realizará un mínimo acompañamento musical a este acto o grupo teense Tres Pesos.
Con esta serie de actos o Concello de Teo e a Asociación A Oliveira tratan de manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe un monólito lembra a súa memoria.