O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de incorporar unha nova desbrozadora de brazo ao equipamento municipal de Servizos Básicos. Esta nova ferramenta é a que se utiliza nos tractores municipais para a limpeza das gabias e vai permitir reforzar o servizo na campaña de limpeza do verán. Consulta aquí o calendario de desbroces.
Esta compra vén a substituír unha peza que estaba moi usada e necesitaba reposición. A desbrozadora mercouse a través dunha subvención do Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña (PMA 2016) e tivo un custe de 42.906 euros, dos que o ente provincial asumiu case o 90%.
O concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, explica que, como en anos anteriores, xa se está traballando na limpeza de gabias dende finais de abril e que está previsto rematar os labores de limpeza nas pistas en setembro. O calendario aproximado no que se pasará por cada parroquia ten en conta as festas e celebracións principais das mesmas e pódese consultar premendo aquí.
O plan de desbroces da rede viaria municipal intensifícase no mes de xuño xa que segundo explica o concelleiro Xurxo Francos, este é un dos momentos máis idóneos para a limpeza de gabias porque “no verán, como no inverno, o crecemento da herba estáncase polas condicións meteorolóxicas e así mantense a gabia despexada durante máis tempo”. Pola contra, na primavera o corte da maleza contribúe a un maior crecemento posterior.
Na campaña participan os dous tractores municipais, equipados con desbrozadoras de brazo, capaces de limpar en superficie e tamén en altura, para evitar que as pólas en zonas de monte invadan a estrada. Un deles céntrase na limpeza da rede viaria e outro traballa tamén en tarefas de repaso e noutros labores especiais. Ademais, a partir destas datas incorpórase un terceiro equipo, contratado a unha empresa privada, para intervir en Calo. Faise así pola extensión desta parroquia e pola urxencia de limpar neste mes para a celebración das festas de San Xoán.
A campaña de limpeza atende máis de 800 quilómetros de rede viaria municipal asfaltada, así como algunhas pistas forestais próximas a núcleos habitados que o precisen e se considere urxente.
Ata agora, os tractores desbrozaron en Bamonde, Rarís e parte de Cacheiras. Nas vindeiras xornadas, traballarán en Recesende e Calo. En xullo acudirán ás parroquias de Reis, Vilariño, Lucí, Luou, Lampai e Cacheiras. En agosto, corresponderalles a Bamonde e Teo. E en setembro chegarán ás zonas de Solláns, Ameneiro, Oza e Rarís.
Attachment | Size |
---|---|
calendariodesbroces.pdf | 4.78 KB |