O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo publica, como cada ano por estas datas, un bando informativo
sobre a lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia na que se lembran as obrigas dos propietarios de fincas, que están nas faixas de especial protección de núcleos, de limpeza das mesmas para previr os lumes.
Dende o departamento de Medio Ambiente destácase que no caso de incumprimento e diante dunha reclamación dun particular o Concello procederá á notificación das persoas responsables da súa obriga de cumprimento da lei. E para eso o prazo para presentar as reclamacións remata o 31 de maio de xeito que poidan ser tramitadas antes da época estival, momento de maior risco de incendio.
Dende o Concello lémbrase que os propietarios con parcelas nas faixas de especial protección de núcleos deben cumprir coas obrigas de xestión de combustible vexetal (tala e roza) antes do 30 de xuño de cada ano. Terán que xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros de monte.
Consulta aquí o bando completo
Charlas informativas nas asociacións
Por outra banda en colaboración coas asociacións de veciños comeza unha rolda de charlas informativas sobre a lei de montes para tratar as dúbidas sobre este tema, que se entende de moito interese para a veciñanza. Mañá venres 22 de xaneiro terá lugar unha charla en Francos, na escola, ás 20:00 horas co experto no tema Diego Sánchez. Falarase das obrigas dos propietarios, da prevención de lumes e das plantacións.
Despois desta primeira en Calo repetirase a experiencia en Recesende o venres 29 de xaneiro ás 20:30 horas no local social da parroquia; o 5 de febreiro na Casa Común de Lampai, o 26 de febreiro no local da Mámoa en Luou e o 3 de marzo no local da Baiuca en Solláns. Todas estas xuntanzas coa veciñanza serán ás 20:00 horas.