O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alcalde de Teo, Rafael Sisto (Son de Teo-Anova), e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSdeG-PSOE), compareceron esta mañá para lamentar que as sucesivas modificacións normativas da Xunta de Galicia nos usos do solo rústico abren a porta á instalación dunha pirotecnia en Teo. Segundo explicou o rexedor “a nova lei do solo de Galicia liberaliza os usos do solo rústico”. Pola súa banda a concelleira socialista destacou que segundo a Xunta “unha pirotecnia non se pode instalar en solo industrial pola súa perigosidade pero si en solo rústico sen ter en conta a dispersión poboacional do rural galego”.
En Teo en febreiro do 2006 tivo lugar un accidente moi grave nunha pirotecnia instalada en Solláns que causou numerosos danos materiais nun núcleo cunha alta densidade de poboación. O propietario desta industria continúa neste momento inhabilidado por unha sentenza.
O alcalde de Teo explica que nos últimos anos as sucesivas modificacións lexislativas da Xunta foron restrinxido o nivel de protección do solo rústico e mentras no Plan Xeral de Teo non estaba permitida a reapertura desta industria os cambios nas leis autonómicas do 2010 e do 2012 abrían esa posibilidade. Diante desta situación o Concello de Teo no ano 2013 fai uso das súas competencias municipais e comeza a tramitar unha modificación puntual do PXOM para os usos do solo rústico que permitan volver aos niveles de protección que as autoridades locais consideraban imprescindibles. Esta tramitación supuxo unha suspesión de licenzas e estívose realizando durante estes anos pendente da aprobación definitiva da Xunta de Galicia.
Esta semana, concretamente o 6 de abril, recibíase no Concello unha comunicación da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, na que se arquiva a modificación puntual do PXOM de Teo relativa á regulación dos usos en solo rústico porque entra en contradición cos usos que permite a nova lei do solo de Galicia, que entrou en vigor hai menos dun mes.
Para o alcalde de Teo “chegamos a un absurdo administrativo no que a administración local traballa na defensa da seguridade dos veciños mentras a Xunta só avanza no nivel de desprotección”. Sisto destacou que con esta nova lei “na práctica esgótanse as capacidades municipais diante dunha norma moi permisiva que permite a reapertura da pirotecnia”. Alcalde e concelleira explicaron que “queda un espazo para condicionar xa que esta reapertura precisa un informe da subdelegación do goberno que terá que tomar unha decisión responsable tendo en conta os antecedentes neste caso”.
Uxía Lemus denunciou que para a Xunta nos sucesivos cambios lexislativos faise unha similitude entre cemiterios e pirotecnia. E que este problema, que pode parecer máis real en Calo, pódese presentar “en calquera parte do Concello”. A concelleira socialista indicou que dende o goberno “xa nos puxemos en contacto coa plataforma veciñal para mantelos informados e mantívose unha xuntanza cos voceiros municipais”. Recoñece que “neste momento a nivel municipal estamos buscando saídas legais pero cada vez quedan menos”.
Na comparecencia diante dos medios explicitouse que neste tema hai dous bandos, a administración autonómica denfendendo a instalación dunha pirotecnia ao lado das casas e os veciños defendendo a súa seguridade, e nós temos claro de que bando estamos, nós estaremos ao lado dos veciños, indicou o alcalde.
No pleno ordinario de abril agárdase poder aprobar un posicionamento político conxunto de todas as forzas políticas sobre este tema.