O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A Xunta iniciou hoxe as obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada (AG-59), entre Pontevea e O Rollo, que suporá un investimento de máis de 31M€. A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañou á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na supervisión dos traballos deste novo treito da prolongación da AG-59.
O citado tramo, que contará cunha lonxitude de 4km, constará doutros dous viadutos, un sobre o río Ulla e outro sobre o Vea, ademais dun paso superior e 4 pasos inferiores, por onde están a comezar as obras. O proxecto desta intervención impulsouse de xeito paralelo mentres avanzan as obras do primeiro tramo, entre A Ramallosa e Pontevea.
Neste tramos son un total de 3,5Km no concello de Teo por importe de 32,3M€, cuxas obras rematarán nos primeiros meses do 2026. Uns traballos de gran complexidade que precisaron de voaduras para acometer escavacións para os desmontes en zonas rochosas, que non podían ser realizadas con medios mecánicos convencionais.