O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo amosou publicamente o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero. Con motivo da celebración do 25-N fíxose pública unha declaración institucional na que se destaca que este gravísimo problema lonxe de ser un drama persoal é un problema que invade ámbitos sociais e comunitarios, afectándonos a todas e todos no seu conxunto. En definitiva é un problema que lle afecta a toda a sociedade. Consulta aquí a declaración institucional
Durante o acto institucional con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, tamén se presentou o III Plan para a igualdade de mulleres e homes en Teo. Este plan fai efectivo o compromiso do Concello na promoción e coordinación da actuación pública municipal no ámbito da igualdade. O Plan parte dun traballo previo de identificación das necesidades que se realizou nos departamentos do Concello, grupos políticos e centros de ensino. Ao tempo desenvolveuse o Foro da Igualdade, espazo de encontro con entidades, colectivos e profesionais que compartiron unha xornada de traballo participativa para a identificación de pospostas a recoller no Plan.
O documento do III Plan articúlase en cinco áreas de traballo (comunicación e dinamización da área de Igualdade e do CIM, sensibilización e información, empregabilidade das mulleres, administración local e coordinación e traballo cos axentes sociais e colectivos). A proposta de estrutura deseñada pretende ordenar as accións para a aplicación da perspectiva de xénero, sobre un total de 50 propostas adaptadas ás posibilidades reais de intervención do Concello e na procura da máxima efectividade dos recursos municipais.