O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo publica a convocatoria anual das bolsas de ensino e o transporte para o curso escolar actual 2015/16. A maior novidade que se recolle é unha nova bonificación para os estudantes que usen a tarxeta do transporte metropolitano en Santiago de Compostela ou nos 18 Concellos que forman a área de influencia do transporte metropolitano de Galicia. Esta bonificación suporá unha rebaixa do 50% do custo da viaxe para 40 expedicións cada mes. O único requisito para contar con esta bonificación é ter matrícula nun centro de ensino da Área de Transporte Metropolitano de Santiago.
As bolsas de ensino están dirixidas a alumnado de primaria e infantil de todos os centros públicos de Teo, ESO ( do IES de Cacheiras ou Pontepedriña), FP ou PCPI, Bacharelato, Universitarios e estudantes de ensinanzas de réxime especial-ensinanzas artísticas superiores. O alumnado que teña unhas necesidades educativas especiais que impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio poderán pedir a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado en Teo.
O importe das axudas para ensino poden ir dos 100 aos 200 euros dependendo do tipo de formación. As axudas ao transporte serán a bonificación da tarxeta de transporte metropolitano ou unha cantidade económica no caso de centros situados fóra da área de influencia do TMG.
Para solicitar a bonificación de estudantes na tarxeta do transporte metropolitano hai que adquirir a tarxeta nunha oficina de Abanca e achegar ao Concello a seguinte documentación: DNI, pasaporte, NIE ou libro de familia (os menores sen DNI) e un certificado de empadroamento no caso de vir doutros concellos da Área ademais do certificado de matrícula escolar. Os Concellos que forman parte da Área Metropolitana de Santiago son Teo, Santiago de Compostela, Padrón, Touro, Trazo, A Estrada, O Pino, Val do Dubra, Ames, Vedra, Oroso, A Baña, Brión, Boqueixón, Ordes, Negreira, Rois e Vila de Cruces. Esta bonificación pódese solicitar en calquera momento do ano xa que non está suxeita aos prazos da convocatoria das bolsas de ensino.
Consulta aquí a convocatoria completa das bolsas de ensino e transporte
Consulta aquí as bonificacións da tarxeta do transporte metropolitano
Descarga aquí o impreso de solicitude das bonificacións na tarxeta do transporte metropolitano