O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo publica unha nova convocatoria de concesión de hortas urbanas. Neste caso poderanse solicitar calquera das doce hortas urbanas que forman a parcela municipal situada en Tras do Eixo (Cacheiras) que ten unha superficie total de 1.214 metros cadrados.
Das doce hortas hai dúas reservas para colectivos concretos, tres para atender situacións de emerxencia social e tres para persoas maiores de 65 anos. As outras seis están dispoñibles para calquera veciño/a de Teo. Para solicitar calquera delas hai que estar empadroado/a no Concello de Teo.
O prazo para solicitar as hortas estará aberto do 10 ao 31 de outubro (ambos incluídos) e hai que entregar a solicitude debidamente cuberto en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas en participar neste proceso deben entregar a seguinte documentación: instancia na que se pide a autorización do uso da parcela, fotocopia cotexada do DNI ou documento legal que o substitúa, declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social, declaración xurada de compromiso de coidado e mantemento da horta e declaración xurada de que a persoa solicitante e/ou os membros da unidade familiar que vaian a cultivar a horta poden realizar tarefas agrícolas sen risco para a súa saúde. No caso de solicitar unha das reservadas para servizos sociais deben acompañarse un informe do servizo muncicipal.
A adxudicación das hortas farase por sorteo público entre as solicitudes presentadas que cumplan cos requisitos.
O Concello de Teo conta con dúas fincas municipais con hortas urbanas sostibles, esta da fincha de Cacheiras e outra no entorno da urbanización de Campos de Mirabel en Calo. A oferta de espazos deste tipo permite que persoas que viven na zona urbana dispoñan dun terreo para cultivar produtos de horta, que doutro xeito terían complicado.
As parcelas de Tras do Eixo estaban todas adxudicadas aínda que neste momento xa había catro vacantes por diferentes circunstancias. As persoas que as estaban usando pódense volver a presentar a esta nova convocatoria.
Attachment | Size |
---|---|
PREGO horta urbana Cacheiras Outubro 2017.pdf | 172.98 KB |
ANEXO I hortas- solicitude.pdf | 75.77 KB |
anexoII_plano.pdf | 52.44 KB |