O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, recibiron no Concello ao deputado provincial de Vías e Obras, José Manuel Pequeño. No encontro explicáronlle as necesidades urxentes de melloras da seguridade viaria nalgunha das estradas provinciais que cruzan Teo.
Concretamente as demandas céntranse na DP-0205 que vén dende Bertamiráns ata a Ramallosa e ten un tramo duns dous quilómetros na zona de Luou, entre o Aido e Cornide, que se deixou sen ampliar de xeito inxustificado. A outra vía que visitaron foi a DP-8202 entre As Galanas e Cacheiras que tamén conta con tramos bastante perigosos. O deputado comprometeuse a revisar esta situación.