O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Mocidade do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, organiza un obradoiro de iniciación ao breakdance. A actividade está dirixida a mozos/as de 14 a 20 anos e será de balde. Para participar só hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello 981 809 707.
Segundo indican dende Mocidade as clases serán no ximnasio do IES de Cacheiras os martes de 14:45 ás 16:15 horas e para asistir non hai que ser necesariamente alumno/a do centro. Está previsto que as sesións comecen no mes de outubro e rematen cara finais de ano.
Os monitores do obradoiro pertencen á Vella escola e indican que a través desta actividade “foméntase o espíritu de superación persoal, mellórase a autoestima e a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través do movemento”.
Ignacio Iglesias, edil de Mocidade, destaca que “con esta oferta de ocio tentamos conxugar o exercicio saudable coas necesidades e inquietudes da mocidade de hoxe”.
No obradoiro de breakdance realizaranse técnicas fundamentais de desprazamentos e actitude postural (toprocks), aprendizaxe de técnicas fundamentais de combinacións no chan (fookworks), técnicas de equilibrio e posicións fundamentais (freezes) e elaboración dunha breve rutina de Breakdance.
Esta actividade conta coa colaboración do IES de Cacheiras pola cesión de uso das instalacións para realizar as clases.