O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno do Concello aprobará o proxecto de cambio de luminarias de todo o Concello

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 de setembro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos asuntos principais da sesión será a aprobación do proxecto de "Obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do Concello de Teo" cun importe que ascende a 3.324.305 euros e un prazo de execucióni de sete meses. No acordo plenario tamén se votará a delegación na alcaldía da competencia para a contratación da obra. Prevese que a mesa de contratación conte con representantes de todos os partidos políticos dada a importancia do citado contrato que suporá a renovación de todo o alumeado público de Teo. A obra conta cun préstamo a coste cero do IDAE.

Na sesión tamén se aprobarán o novo manual de imaxe corporativa do Concello e os festivos locais. Estes dous acordos veñen refrendados polas votacións populares realizadas sobre estes temas na plataforma de participación cidadá Somos Teo.

Ademais das propostas da alcaldía no pleno tamén se debaterán mocións como a do BNG sobre o Pazo de Meirás e a Fundación Francisco Franco.

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación das actas da sesión extraordinaria urxente do 17.07.17, extraordinaria do 17.07.17 e ordinaria do 26.07.17.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 643/17 á 763/17). 
  3. Dar conta do informe de intervención sobre os reparos formulados no exercicio 2016.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral 2016.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de correción da modificación do sistema de clasificación provesional vixente para o persoal laboral municipal aprobada polo pleno ordinario de maio de 2017. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do proxecto de "Obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do Concello de Teo" e delegación da competencia para a contratación da obra.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de declaración de utilidade municipal das actividades desenvolvidas pola SR de Calo.
  8. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación dos festivos locais do Concello de Teo para o ano 2018.
  9. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da imaxe corporativa do Concello de Teo. 
  10. Ditame da moción do grupo municipal mixto relativa ao pazo de Meirás e á Fundación Francisco Franco. 
  11. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo-Anova para participar no programa cidades amigas da infancia. 
  12. Mocións.
  13. Rogos e preguntas. 

 

Casa do Concello