O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A urbanización dos Tilos estrea nova sinalización horizontal e vertical. E aínda que durante estes días os/as conductores/as xa están atendendo ao novo pintado a data oficial de entrada en funcionamento é o sábado 26 de agosto de 2017.
Nos últimos días estívose traballando na execución de varios pasos sobreelevados e no pintado dalgúns cambios de dirección nalgunha das rúas. Tamén se realizou xa o novo pintado das prazas de aparcamento en batería na rúa Ameneiro. Estes traballos complétanse coa colocación da sinalización vertical que se está facendo entre hoxe xoves e mañán venres para que estea listo para o sábado.
Dende o Concello destácase a boa disposición da veciñanza dos Tilos nestes días de cortes de tráfico e obras xa que polo momento todo funcionou con normalidade e sen incidencias.
Segundo comenta a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, "decidiuse executar o novo pintado neste momento e facer o cambio por coincidir coa época de verán, momento no que a urbanización está máis baleira". Deste xeito ademais comézase coa nova sinalización dúas semanas antes do inicio do curso escolar, un dos momentos importantes para ver o bo funcionamento do novo sistema. A concelleira explica que "os cambios analizaranse dentro dun ano falando cos veciños e veciñas dos Tilos".
Os principais cambios de reordenación de tráfico céntranse en priorizar sentidos únicos en varias rúas. Mantense o dobre sentido de circulación na rúa Carballo, unha das principais arterias da urbanización e nas zonas de entrada a espazos de aparcamento.
Consulta aquí o aviso á veciñanza dos Tilos no que se pode ver un plano cos cambios na circulación.
No aviso á veciñanza, que xa se está colocando nos portais dos edificios dos Tilos, destácase tamén a necesidade de que os bloques ou vivendas que non conten coa licenza municipal de pasaxe permanente para e entrada ao garaxe pasen a solicitalo polo Concello.
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do Concello: 981.815.700
Attachment | Size |
---|---|
AVISO VECIÑANZA TILOS.pdf | 134.62 KB |