O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OS CONCELLOS DE CORUÑA, SANTIAGO E ARZÚA PARTICIPAN NA HOMENAXE A ÁNXEL CASAL QUE SE REALIZA O 19 DE AGOSTO EN TEO

| compartir:

O Concello de Teo última o deseño do acto de homanaxe a Ánxel Casal que se celebrará como cada ano o 19 de agosto ás 20:00 horas en Montouto. Este ano contará coa presenza dos alcaldes de Coruña, Xulio Ferreiro, de Santiago, Martiño Noriega, de Arzúa, José Luis García e de Teo, Rafael Sisto.

O Concello de Teo lembra a figura do que foi último alcalde republicano de Compostela na Estivada da Ribeira (Montouto), moi preto da curva na que apareceu o seu corpo despois de ser asasinado na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936 despois do levantamento militar.

 

Este ano cúmprense 120 anos do nacemento de Ánxel Casal (Coruña, 1895) polo que dende o Concello de Teo se decidiu convidar ao Concello de A Coruña a participar neste acto, convite que o rexedor aceptou. Tamén será a primeira vez que o Concello de Compostela estea representado polo seu rexedor, Martiño Noriega. Outros colectivos como a Asociación A Oliveira, de recuperación da memoria histórica participaran na homenaxe coa presenza e intervención do seu presidente, Xosé Luís Santos Cabana.

 

Da parte musical do acto encargaranse pandereteiras e gaiteiros da Asociación Cultural A Mámoa. Concretamente as pandereteiras serán dirixidas por Marcos Botana e o cuarteto de gaiteiros por Edelmiro Fernández. As pezas musicais que se interpretarán serán o Hinmo do antigo reino de Galiza, o Vals Lembrando II, O paseo, un pasarrúas e o Hinmo galego. 

Actuación para público familiar

Dende o Departamento de Cultura programouse para ese día no lugar unha actuación dirixida a un público familiar. Trátase do espectáculo "Circanelo" de Fredi&Cia que comezará ás 18:30 horas e presenta clown, mimo, danza e teatro xestual. 

teo