O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello presenta, xunto coa Fundación Galicia Sustentable os resultados do proceso de participación da veciñanza Teo2030 que facilitará o deseño do futuro PXOM.
A presentación terá lugar no local social que o Concello ten en Cacheiras (Travesía de Cacheiras número 38) o vindeiro 2 de xuño ás 20:00 h. En aproximadamente 40 minutos establecerase a base científica deste traballo por parte da Doutora Leticia Bas que dará paso a Marcos Pérez, da Fundación Galicia Sustentable para que comparta os resultados do proceso. Pechará a presentación a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus. Tras a presentación, a iso das 20:40 h crearase un espazo distendido para o encontro e para falar do Teo que queremos construír colectivamente cara o 2030.
O aforo é limitado polo que se agradece confirmación de asistencia a través do correo electrónico: teo30@galiciasustentable.org ou por teléfono no 629430629.