O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE TEO EN OUTUBRO CÉNTRAS NO TEATRO CON OITO FUNCIÓNS

| compartir:

A obra “As do Peixe”, un espectáculo para adultos que honra a memoria das traballadoras das conservas, abre mañá o VIII Mes do teatro do Concello de Teo que se desenvolverá durante este mes. Mañá, sábado 3 ás 21:00 horas no CSC da Ramallosa, poderase ver a montaxe de Abrapalabra Creacións Escénicas que obtivo os premios María Casares ao mellor texto orixinal, á mellor dirección e á mellor actriz protagonista. Tamén se fixo co premio do público do Festival internacional de teatro de Ribadavia.

As obras do Mes do teatros son de balde ata completar aforo, polo que dende Cultura animan aos asistentes a colaborar co Banco Veciñal de Alimentos coa entrega de produtos non perecedeiros (leite, conservas…) o mesmo día da función.

 

O público infantil tamén terá as súas citas o sábado 10 e o sábado 24. O 10  ás 18:00 horas no CSC da Ramallosa Caramuxo teatro presenta “Zapatos”, un espectáculo infantil para nenos/as de 1 a 4 anos. O día 24 ás 18:00 horas na Casa Común dos Tilos preséntase “O traxe novo do Rei” para nenos/as de 3 a 12 anos.

 

O sábado 17 Pedro Brandaríz e Fran Rei de Os 7 magníficos+1, presentan o espectáculo “Bivalvos como galegos”, no salón de actos da Ramallosa ás 21:00 horas. O venres 23 haberá un ensaio aberto para todos os públicos de Pista Catro Produtora de Soños, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa. Será unha mostra de circo, música, danza e comedia en directo.

 

O venres 30 ás 21:00 horas, tamén na Ramallosa, Tangatutanga Teatro presenta “Cabaret Bíblico”, un espectáculo para mentes revoltosas unha obra trasgresora que non deixará indiferente ao público. O Mes do teatro péchase o sábado 31 de outubro ás 21:00 horas coa obra “Filosolfando” con Luís Iglesia e Xabier Deive.

 

Dentro desta programación tamén se inclúe unha obra no IES de Cacheiras o venres 20 ás 12:00 á que só pode asistir o alumnado do centro, “30 e tantos osos” de Aporía Escénica Teatro.

teo